Martes. 19.03.2024
El tiempo

A ceense María Canosa protagoniza o agosto da Galería Mulleres

A ceense María Canosa protagoniza o agosto da Galería Mulleres
Maria Canosa na Galeria Mulleres de Muxia

Que marabillar ir recuperando o pulso da historia en clave de muller a través da Galería Mulleres do Concello de Muxía, e atopar xente da casa. E xente nova ademais. Hoxe, Muxía lémbranos con orgullo o potencial que temos na Costa e para iso preséntanos unha vella coñecida como é a escritora ceense María Canosa (1978).

Estudou Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, pero sempre estivo vencellada ás letras, obtendo o Título de Especialización en Idioma Galego na Escola Oficial de Idiomas. Mantén , ademais, un intenso labor de difusión da cultura e a literatura, sendo articulista semanal no diario “La Voz de Galicia”, contertulia na Radio Galega e Radio Voz, colaboradora e copresentadora do programa “Verbas Van”, e anteriormente no programa “Cifras e letras” ambos da TVG… Tamén participa en numerosas mesas redondas, charlas e talleres literarios .

Entre os seus numerosos galardóns literarios están os de: Concurso de Contos da Agrupación Cultural O Facho ,Certame Literario Terra Chá da Asociación Cultural Xermolos, Certame de Contos en Galego da ONCE no 1992, Certame Francisco Fernández del Riego no 1993, RÚA NOVA (Narracións Xuvenís) (mención especial) no 1993 e 1995, Premio Arume de Poesía para nenos (Fundación Neira Vilas) no 2009 (mención especial), Premio Pura e Dora Vázquez (Deputación de Ourense) no 2010, XV Premio Avelina Valladares (Concello da Estrada) no 2011, por Ronca o mar, Mención no VII Premio Arume de Poesía para nenos no 2013, por O libro dos medos que non o son.

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios