As zoquiñas vermellas volveron protagonizar o 25N malpicán

21:56 25/11/20
Como fixeran durante o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Malpica volveu apostar polas zoquiñas vermellas como imaxe simbólica para retratar o día contra a Violencia de Xénero.
Foron elas as que compartiron escena na lectura do manifesto institucional lido na na praza Anselmo Villar Amigo, para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, no que estiveron alcalde, Walter Pardo; a concelleira de Igualdade, Leticia Varela; a concelleira de Educación, María Álvarez; o concelleiro de Deportes, Miguel Varela e Miguel Ángel Fernández Mirás, en representación dos grupos da oposición.
Que representan as Zoquiñas Vermellas
Vídeoentrevistas
A concellería de Igualdade trae unha serie de pequenas videoentrevistas co gallo desta data:
M