Venres. 04.10.2024
El tiempo

A ría de Muros, testemuña do primeiro avistamento da historia dunha Balea Azul preto da costa galega

A ría de Muros, testemuña do primeiro avistamento da historia dunha Balea Azul preto da costa galega
”Pensamos que e Balea Azul. É a primeira vez que aparece cerca da costa galega”, apúntanos Alfredo López, un dos responsables da Coordinadora de Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). Alfredo fai referencia ao avistamento que fixo este pasado venres 8 de setembro a embarcación da Xunta "Gómez Paíño" na zona dos Virullos, na boca da ría de Muros. Temos visto pola volta baleas comúns, vivas e mortas, pero a Balea Azul (Balaenoptera musculus) nunca pasara por aquí, segundo os especialistas. Foi o patrón Manuel María Candamo Sendón o que publicaba nas súas redes sociais este impresionante documento co afán de permitir que a xente disfrutase desta marabilla. Unha publicación que fixo poñerse aos membros do CEMMA a recapitular toda a información que tiñan destes cetáceos. Si que hai constancia nos datos dun varamento hai anos, pois segundo asegura Alfredo “seguro que aínda frecuentan as augas oceánicas de Galicia e as inmediacións do Banco de Galicia”. Pero destaca que “ata agora nas campañas que fixemos alí nunca as observamos. Dende logo que é boa noticia, se non vara, claro”.. Alfredo fain fincapé en que o exemplar ía cara o interior da ría, cara a zona de Porto do Son e “unha balea no seu san xuízo nunha levaría esa derrota”. Por iso considera que “o animal estaba amedrentado, posiblemente pola pouca profundidade, por facer unha inmersión profunda, por estar cerca da costa ou pola presenza da embarcación, ou por todo xunto. O seu xeito de sair a respirar é temeroso, por iso amosa pouco corpo fóra e unha respiración moi intensa”.z Polo de pronto, os mariñeiros muradáns protagonizan un avistamento histórico. En todo caso, Alfredo deixa claro que “Agardemos non volver velo, sería a mellor noticia. :)”

Outras visitas, mortas e vivas

A Balea morta nun coido da Redonda-Foto-Marcos Vazquez A Balea morta nun coido da Redonda en 2014-Foto-Marcos Vazquez Teñen acontecido outros casos de baleas que remataron na bisbarra. En 2014 unha balea varaba morta en Corcubión, mentres que en Muros son xa especialistas cos varamentos de 2011 e de 2014, que permitiunos “gozar” dun despezamento máis que curioso. Téñense dado casos de baleas vivas pola volta, aquela balea que chegou a Ponte do Porto en Muxía, no ano 1993 ou máis recentemente unha balea que varou viva no Niño do Corvo en Ponteceso no ano 2004. Labores de despece da balea no porto de Muros-Foto-CEMMA Labores de despece da balea no porto de Muros en 2013-Foto-CEMMA

Luns de golfiños en Fisterra

E sen tempo para paladear o achádego, por Fisterra, os golfiños quixeron adentrarse no porto de Fisterra para deleite dos veciños, que ateigaron o peirao como a atracción do día:

 

Novas relacionadas

Máis novas de fauna mariña

Novas da serie De Re Naturae

Máis vídeos naturais

Outras novas de fotografía nocturna

Máis vídeos aéreos

Fonte

Comentarios