A Xunta saca peito da xestión das crebas do Eloane e esquece a labor dos voluntarios


Parece curioso pero a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de emitir un comunicado no que trata sacar peito falando do “operativo de vixilancia, recollida e xestión de residuos” procedentes da carga do buque Eloane, que deixaba un regueiro de crebas por todo litorial costeiro.
Parece curioso porque ademais de tardar 3 días en responder as chamadas dos concellos como Fisterra, pouco se viron os empregados das administracións públicos se viron polas praias. Volveron ser, unha vez máis, os voluntarios os encargados de eliminar o lixo dos nosos areais, pero a Xunta fachendea do seu ”dipositivo” e non nomea en ningún momento a labor dos comprometidos cidadáns costeiros.
O pasado mércores si que estiveron no peirao de Corme para retirar os restos da estrutura de contedores de mercadorías procedentes do buque, que -debido aos seu gran tamaño- tiveron que ser despezadas para o seu traslado ao xestor autorizado.
Novas relacionadas
- 18-01-18: O BNG leva ao Parlamento o acontecido co mercante Eloane.
- 15-01-18: Fisterra volve ir ás crebas.
- 11-01-18: Chega ás praias da Costa da Morte parte da carga que perdeu o buque “MSC Eloane”.
- 08-01-18: Os Reis deixaron un regalo en forma de susto no Corredor de Fisterra.
Máis novas
- Xosé Manuel Barros: Evaristo e o Corredor de Fisterra.
- 40.000 barcos atravesan cada ano o Corredor de Fisterra.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)