Martes. 19.11.2019
El tiempo

“Antes os bichos raros eramos os que non tirábamos lixo ao mar. Agora os bichos raros son os que contaminan"

“Antes os bichos raros eramos os que non tirábamos lixo ao mar. Agora os bichos raros son os que contaminan"
Asinantes da Declaracion do Couto do 2 Encontro do Lixo Marino Asinantes da Declaración do Couto do 2º Encontro do Lixo Mariño organizado por Mar de Fábula na Fundación Eduardo Pondal Tremendamente interesante o punto de encontro entre o sector mariñeiro e o plástico que se viviu este pasado sábado na Lareira da Fundación Eduardo Pondal. A Asociación Mar de Fábula convocaba a 8 entidades para participar no “2º Encontro galego do lixo mariño. A limpeza do mar”. Un acto que servía para situar do mesmo bando entidades ecoloxistas e pesqueiras, co obxectivo de servir de km.0 da recuperación da dignidade colectiva a través da limpeza e conservación da chamada “Casa Común”, a natureza e nomeadamente o medio mariño. Profesionais do mar deron a súa visión sobre os porqués dunha realidade empírica: o mar está cheo de lixo, de lixo plastico. E partiuse de varias cifras interesantes que puxo sobre a mesa Álvaro Barros, da entidade organizadora. Barros situonos no mapa e falou das principais vías de contaminación do mar (os nosos inodoros, usuarios de praias, o tráfico marítimo, as accións sobre os ríos, a industria acuícola, a pesqueira…), facendo incidencia nos microplásticos. Lembrouse para comezar que aproximadamente o 20% do lixo mariño procede da industria pesqueira. Unha cifra que aumenta ata o 35% en zonas portuarias, como recoñecía a Asoar Armega. Un Encontro presentado por Tamara Lema, da FEP, e moderado por Ubaldo Cerqueiro, de QPC, que rematou coa sinatura das 8 entidades participantes da “Declaración do Couto. A Limpeza do mar”, unha directa declaración de intencións na que as entidades se comprometen a “minimizar e previr a eliminación de residuos plásticos no mar”, ao tempo que “esixen á sociedade e ás institucións o necesario respecto polo medio e a necesaria implantación de campañas públicas de información e concienciación”. Un Documento simbólico que lle valerá a Mar de Fábula para seguir esixindo diante das administracións ese compromiso necesario, e que servirá para que todos os profesionais das confrarías participantes a tomar boa nota do camiño a seguir. 2 Encontro do Lixo Marino no Couto por Mar de Fabula Sven durante o 2º Encontro do Lixo Mariño na Lareira da Fundación

”Estamos mellorando, pero aínda queda moito por facer”

Foi precisamente Luís Rodríguez, o activo presidente da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia, o que continuaba o discurso, nun ton esperanzador. Luís volveu aos tempos do Prestige para recoñecer que foron aqueles voluntarios os que nos sacaron as cores. Un feito que provocou que a entidade se puxese a organizar campañas de concienciación dende a base e aquelas campañas de "Limpando das nosas Rías" que tan ben funcionaron, tanto para limpar o medio de traballo, como para concienciar aos propios profesionais, que se decataban en primeira persoa de todo o lixo que eles mesmo producían Unhas limpezas paralizadas nos últimos anos polos atrancos da administración, que non permite mobilizar as embarcacións nas fins de semana. Dentro da súa intervención e acto seguido, Luis fíxo entrega ao resto dos intervintes da botella coa Mensaxe do mar. Agasallo-concienciador que ten levado incluso ao Parlamento Europeo. En todo caso, Luís sacou unha das frases do Encontro: “Antes eran eles os “bichos raros” que non botaban residuos ao mar. Agora os “bichos raros” son os que o contaminan”. Seguidamente tomou a palabra Lola Bermúdez, Patroa Maior da Confraría de Camariñas e unha histórica da loita pola defensa do sector. Falou da loxística a bordo e en terra para recoller os residuos, recoñecendo que agora hai infraestrutura e contedores para recoller todo o que faga falta. Lola recoñeceu que aquelas Limpezas das rías que se produxeron en Camariñas no 2007 foron moi importantes para despertar conciencias no sector, e recoñeceu que hai máis xente que fai as cousas ben, pero que “hai de todo”. Lola enfatizou, unha vez máis, na súa teima do necesario traballo de concienciación nas escolas, pero tamén houbo quen apuntou dende o público que “hai que concienciar tamén aos maiores”. Estrella Lema, presidenta da Agrupación de Mariscadoras de Camariñas, unha brava muller que tomou por bandeira a limpeza e conservación do seu ámbito de traballo, orgullosa de ter organizado xa a 3º limpeza consecutiva do banco marisqueiro da Basa. Unha profesional consciente de poñer en valor o produto do seu esforzo, de coidar o medio ambiente da ría e, incluso, referenciando os valores pasaxísticos e turísticos da zona.. Seguiu logo Julia Haz, da Agrupación de Mariscadoras do Anllóns, cunha posición moito máis naif da situación. Clarificou que, contrariamente ao que acontece en Camariñas, a contorna xeográfica do seu ámbito de traballo evita a chegada de refugallos plásticos de altamar e, polo que á súa actividade concierne, a contaminación polos plásticos non é problema na súa zona./p>

Parada de lixo

Era a hora de Sven Schwesch, o histórico voluntario do Prestige, que nos puxo a traballar e a recoller en apenas un minuto todo o lixo plástico (recollido nas limpezas) que espallara pola sala. Así nos facía ver que nestas sesións de limpeza voluntaria, “con pouco esforzo consíguese moito”. Sven sinalou que un dos problemas é a falta de identificación co común, e considera necesario necesario comportamento cívico, sendo el para a nosa bisbarra dende hai tempo un referente ético a contrapoñer a esta sociedade de consumo. Colleu a palabra logo Adriana García Rellán, bióloga da Confraría de Laxe. Describeu o procedemento loxístico no seu porto para o tratamento dos residuos de a bordo e fixo un apunte no tempo de cando, embarcada como bióloga observadora nos buques pesqueiros de Terranova, tiña que facer esforzos hercúleos para evitar que as tripulacións botaron os plásticos ao mar, incluso, acumulando os refugallos no seu camarote, incrible! García Rellán fixo tamén fincapé en que “hai que de todo”, xente que fai ben as cousas, pero outra que non tanto. Por último, Mari Carmen Suárez, percebeira e presidenta da Confraría de Corme deixou oir a súa voz recoñecendo, dunha maneira clara, que no seu sector contamínase o mar, bótanse plásticos e de todo o mar e que hai moito que facer e concienciar para cambiar costumes moi asentados. Unha importante cita que nos marca un camiño a seguir.

Novas relacionadas

Artigos de Xosé Manuel Barros

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios