Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Salpas salpican a praia de Laxe

As Salpas salpican a praia de Laxe
Salpas na praia de Laxe-Foto-Victor de Mira Salpas na praia de Laxe-Foto-Victor de Mira Salpas na praia de Laxe-Foto-Victor de Mira 1 Salpas na praia de Laxe-Foto-Victor de Mira Salpas na praia de Laxe-Foto-Victor de Mira 3 Salpas na praia de Laxe-Foto-Victor de Mira Esta tarde de mércores 25 de outubro aparecía a praia de Laxe (e segundo nos contan tamén a de Malpica) ateigada dunha especie de 'boliñas de xelatina’, como nos contaba o veciño Víctor de Mira. De primeiras puideron pensar que se trataban de medusas, como acontecera en 2008 ou en 2010 na mesma zona. Ou mesmo que poderían ser sementes dalgunha alga que debido ao mar de fondo foron removidas e arrastradas ata a area. Pero segundo nos comenta o biólogo Pablo Rodríguez Silva, poderían ser crías ou outra fase vital de salpas, o enigmático e mal chamado "peixe transparente", unha especie de tunicados. “Son algo así como os primeiros antepasados dos vertebrados”, explícanos Rodríguez Silva. “Son planctónicos, flotan e aliméntanse tamén do placton, e son inofensivas e moi fráxiles. Normalmente forman colonias de moitos exemplares xuntos, e son relativamente habitais pola costa galega e polo Cantábrico, pero sobre todo en verán, onde xa se teñen rexistrado, cando a corrente as empurra cara a terra”. En toso caso, deixa claro que sen velos en directo é difícil contrastalo, e que tamén hai outros tunicados tamén flotando por aí, coma os doliolos ou os pirosomas. Salpas formando unha lista-foto-Nosabesnada Salpas formando unha colonia-foto-Nosabesnada Salpa Adulta Salpa Adulta

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios