Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Convocados dous novos permex de percebeiros a pé en Fisterra

Convocados dous novos permex de percebeiros a pé en Fisterra

A Consellería do Mar convoca dous novos permisos de explotación para percebe a pé na confraría de pescadores de Fisterra. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

Os interesados poderán consultar a convocatoria na páxina web da Consellería no seguinte enlace. As solicitudes e a documentación acreditativa deberán presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). Tamén se poderán presentar en papel nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Fonte

  • Xunta.

Comentarios