Luns. 15.08.2022
El tiempo

Dende a comisión Europea de Pesca ata os Concellos reciben a Mensaxe do Mar

Dende a comisión Europea de Pesca ata os Concellos reciben a Mensaxe do Mar
A Comision Europea reciben a mensaxe do mar dos nenos da Costa da Morte a a Asoar-Armega A Comision Europea reciben a mensaxe do mar dos nenos da Costa da Morte a a Asoar-Armega A mensaxe do Mar nunha botella-Asoar A mensaxe do Mar nunha botella-Asoar

Lembran a fermosa campaña da Mensaxe do Mar que artellou a Asoar-Armega cun grupo de rapaces da zona. Unha campaña medioambiental, que despois de recibir o premio Medioambiental da Radio Nordés, segue expandídonse.

Agora están facéndolle chegar o vídeo a distintos estamentos da sociedade (organizacións e administracións públicas). Trátase de unha acción reivindicativa na que os propios rapaces que participan no video queren facer chegar ao maior número de personas e estamentos para implicalos nesta campaña de sensibilización.
A mensaxe foi entregada xa a distintas organizacións e centros de ensino, e foi entregada tamén na Comisión Europea de Pesca a través da Plataforma Europea de pescadores artesanales LIFE (Low impact fisheries of Europe).

Ademais, aproveitando o descanso escolar polas vacacións de Nadal os nenos e nenas da Costa da Morte protagonistas do vídeo farán entrega da botella ca mensaxe a distintos estamentos e entidades locais, comenzando Concellos da zona da Costa da Morte. Empezaron este sábado en Corcubión, e foron os propios nenos os que fixeron entrega da mensaxe na botella ao alcalde. De feito, a entrega é unha das botellas recollidas nas sesións de limpeza de praias, cun pendrive dentro no que inclúen o vídeo.

O obxectivo é poder abarcar distintas administracións, empezando polas máis cercanas, e chegando aos distintos estamentos provinciais, autonómicos e estatais, coa fin de dar un toque de atención non solo aos cidadáns de a pé senón tamén a quenes se deberán implicar na saúde dos nosos océanos. “É responsabilidade de todos”.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios