Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Importantes avances no saneamento dumbriés

Importantes avances no saneamento dumbriés
Ovidio Romero e Jose Manuel Pequeno Ovidio Romero, delegado da Xunta, co alcalde de Dumbría Jose Manuel Pequeño

Recibía o Concello de Dumbría esta pasada semana as obras realizadas no concello con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, de dotación de saneamento ás parroquias de de Vilar e A Rebouta á estación depuradora (EDAR) de Olveira. 154.000€ que serviron para construír unha rede de sumidoiros na estrada xeral para a recollida de augas residuais e pluviais. Con esta intervención preténdese evitar as agresións ao medio natural derivadas da alta actividade humana e gandeira da zona. Deste xeito, dótase a esta área das canalizacións necesarias que se conectarán ás redes xa existentes para o traslado das augas aos puntos de tratamento correspondentes.

Fondo de compensación ambiental

Dumbría alberga 114 aeroxeneradores e máis de 5,7 quilómetros de liñas. Estas axudas, concedidas a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, están destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

Fonte

  • Xunta.

Comentarios