Sábado. 18.05.2024
El tiempo

O BNG pide no Parlamento Europeo que o Corredor Marítimo de Fisterra sexa considerado “zona especial”

O BNG pide no Parlamento Europeo que o Corredor Marítimo de Fisterra sexa considerado “zona especial”
Ana Miranda e o BNG con Marivi Areas e Xose Manuel Barros de Mar de Fabula Ana Miranda e o BNG con Marivi Areas e Xose Manuel Barros de Mar de Fabula

Completa visita da eurodeputada do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, esta pasada fin de semana na comarca de Fisterra. Unha vista relacioada directamente coa problemática do Corredor Marítimo de Fisterra, que serviu para recadar información para as iniciativas presentadas este luns no Parlamento Europeo de Bruxelas, encamiñadas a que sexa declarado “zona especial”.

Os 40.000 barcos atravesan cada ano o Corredor de Fisterra, entre eles numerosos cruceiros que poden liberar as augas negras, e exemplos como o Eloane, que regaba de crebas as nosas costas, obrigan a que as autoridades europeas leven a cabo actuacións que permitan aumentar a seguridade na zona e reducir os vertidos incontrolados dos cruceiros internacionais que pasan pola costa galega.

Mar de fábula

E unhas das persoas que mellor teñen estudiado este asunto son os membros da asociación e coloxista "Mar de Fábula”. Ana Miranda escoitou as teimas de Mariví Areas e Xosé Manuel Barros na loita contra a contaminación. Unha entidade que segue esixindo que a Comisión Europea presione para modificar o convenio MARPOL da Organización Marítima Internacional (OMI) en relación cos vertidos incontrolados de augas fecais dos cruceiros internacionais que pasan pola Costa galega.

Praia de Cee - Heliporto de Rubio

Ana Miranda no heliporto de Rubio-Lires-Cee Ana Miranda cos compañeiros do BNG de Cee e Fisterra no heliporto de Rubio-Lires-Cee Por outra banda, xunto aos concelleiros do BNG en Cee e Fisterra, Serxio Domínguez Louro e Xan Carlos Sar, a eurodeputada nacionalista visitou a praia de Cee, a EDAR e as instalacións do finado tras unha tráxica historia, heliporto de Salvamento Marítimo. "O Corredor Marítimo de Fisterra, cun tránsito de 40.000 navíos está desamparado, tanto por contar cun heliporto sen helicóptero despois dunha inversión millonaria que contou con fondos europeos, como polos sentinazos incontrolados que non se vixían nesa zona de gran perigosidade", afirma ao respecto. De feito, Salvamento Marítimo conta co efectivo correspondente no aeroporto de Santiago, pero deste xeito o tempo de chegada en caso de accidente é indubidablemente máis alto que si estivese na comarca Fisterra. Co obxectivo de modificar esta situación, Ana Miranda dirixirase mediante unha carta á Axencia Europea de Seguridade Marítima (ESMA) con sede en Lisboa para pedir que se actualicen os datos de control satelital "Cleanseanet" no Corredor de Fisterra.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios