Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Porto de Brens recibíu por cuarta vez ao Cruceiro pantasma

O Porto de Brens recibíu por cuarta vez ao Cruceiro pantasma
Cruceiro Le Soleal no porto de Brens-Foto-David Trillo Galego Os autobuses esperando aos pasaxeiros do Cruceiro Le Soleal no porto de Brens -Foto-David Trillo Galego

Xa pasaron 3 anos dende a chegada do primeiro cruceiro de pasaxeiros ao porto de Brens. Era maio de 2014 e os políticos locais acodían como palmeiros para dar a benvida a uns visitantes que apenas pisaban chan portuario antes de marchar da comarca.

Pasaron 3 anos e nada se ten feito para aproveitar este pequeno fluxo de visitantes por mar. É o 4º trasatlántico que atraca no porto de Brens, deixando aos seus pasaxeiros en varios autobuses camiño de Compostela. Desta volta, o Cruceiro Le Soleal, case que visto na bisbarra como o Cruceiro Pantasma, atracou ás 6:45h do pasado luns de pascua (sen tempo sequera a ver a ría de día) e zarpou ás 8:30h, camiño da Coruña onde recollería máis tarde aos pasaxeiros.

Que ten que facer a comarca para ofrecer unha boa ruta a estes pasaxeiros, e convencer ás axencias a “gastar” un día vendo as nosas marabillas naturais?

Cruceiro Le Soleal no porto de Brens-Foto-David Trillo Gallego 2 Cruceiro Le Soleal no porto de Brens-Foto-David Trillo Gallego Cruceiro Le Soleal polo Carrumeiro na ria de Corcubion-Foto-David Trillo Galego Cruceiro Le Soleal polo Carrumeiro na ria de Corcubion-Foto-David Trillo Galego

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios