O Porto de Brens recibíu por cuarta vez ao Cruceiro pantasma
Xa pasaron 3 anos dende a chegada do primeiro cruceiro de pasaxeiros ao porto de Brens. Era maio de 2014 e os políticos locais acodían como palmeiros para dar a benvida a uns visitantes que apenas pisaban chan portuario antes de marchar da comarca.
Pasaron 3 anos e nada se ten feito para aproveitar este pequeno fluxo de visitantes por mar. É o 4º trasatlántico que atraca no porto de Brens, deixando aos seus pasaxeiros en varios autobuses camiño de Compostela. Desta volta, o Cruceiro Le Soleal, case que visto na bisbarra como o Cruceiro Pantasma, atracou ás 6:45h do pasado luns de pascua (sen tempo sequera a ver a ría de día) e zarpou ás 8:30h, camiño da Coruña onde recollería máis tarde aos pasaxeiros.
Que ten que facer a comarca para ofrecer unha boa ruta a estes pasaxeiros, e convencer ás axencias a “gastar” un día vendo as nosas marabillas naturais?
Cruceiro Le Soleal no porto de Brens-Foto-David Trillo Gallego Cruceiro Le Soleal polo Carrumeiro na ria de Corcubion-Foto-David Trillo GalegoNovas relacionadas
- Maio 2015: O Cruceiro Le Soleil volve facer o #tocoemarcho na Costa da Morte.
- 14-05-14: A CIG critica o circo mediático do cruceiro mentres esmorecen os postos de traballo no Porto de Brens.
- 07-05-14: Atracou o primeiro cruceiro da historia do porto de Brens… e marchou.
- O cruceiro da discordia que chegará a Cee.
- Que foi do Plan de Usos do porto de Brens?.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).