Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Por que se chama a praia do Rostro?

Por que se chama a praia do Rostro?
A salvaxe Praia do Rostro A salvaxe Praia do Rostro

Hoxe recollemos unha fermosa colleita que o Portal das Palabras está a facer este verán con algunhas das nosas praias máis singulares. A iniciativa lingüística da RAG e a Fundación Barrié está facendo unha colleita de 8 praias para este verán 2017, e delas, varias son da bisbarra.

Hoxe quedamos e Fisterra, nun dos nosos areais fetiche, a praia do Rostro, situada no lugar de Padrís, parroquia de Sardiñeiro. A súa area fina, as súas dunas,a súa virxindade, o seu vento e a súa salvaxe oleaxe fan desta praia unha inmellorable fusión da terra co bravo Atlántico.

As perigosas ondas da praia do Rostro As sempre perigosas ondas da praia do Rostro

O Portal das Palabras cóntanos algunha cousa que non sabíamos, por exemplo que este areal “é o lugar onde se localiza unha lenda que ten que ver cos nerios, individuos dun pobo prerromano que habitaban na zona do cabo denominado polos cronistas gregos Nerio, Fisterra”.

”O nome da praia vén dado da súa situación a carón da punta do Rostro, denominación que logo se estendeu ao areal”. Segundo conta Fernando Cabeza Quiles, “este topónimo, aplicado tamén a un pequeno cabo das Sisargas, procede do substantivo latino rostrum -i, que nomeaba o peteiro das aves ou, máis en xeral, un obxecto con forma saínte –frecuentemente o esporón en que remata a proa dos barcos–, de aí que resulte axeitada para este tipo de accidentes xeográficos no litoral”.

Lembran que a día de hoxe, “rostro” relaciónase ca cara das persoas,”pero na época latina tiña un uso pexorativo” e sen embargo “hoxe, rostro, resúltanos mesmo poético”.

Lendas baixo a area

Hai máis que lendas baixo a area do Rostro, como ese pecio que rexurdiu en 2014 coas mareas vivas.

Pero de lendas, contan que os nerios tiñan parada clave no porto de “Dugium”, cidade que a lenda sitúa baixo as areas do Rostro, “afundida para sempre baixo unha onda enorme (hoxe falariamos dun tsunami) no medio dun terrible temporal, e que podería emerxer de novo, de se repetiren as condicións da súa desaparición”. Unha lenda que pode basearse en certos datos cientíticos e no topónimo Duio, un lugar actual preto do Rostro.

”Outra versión da lenda fala da Raínha Lupa que xa nos contara Pepe do Fieiro, e que nos leva aos tempos cando “Apóstolo Santiago estaba predicando por estas terras e anoxado pola inutilidade das súas ensinanzas, lle pide ao Señor que faga desaparecer a cidade. O Códice Calixtino tamén relaciona este lugar co Apóstolo, pero por outro motivo, pois sería onde se dirixen os discípulos por indicación da raíña Lupa, buscando onde enterralo”.

Sexa como for, non deixen de visitar este areal cheo de misticismo. Pero iso si, ollo coas ondas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios