Luns. 03.08.2020
El tiempo

Rescatado un pescador que caeu ao mar en Barizo

Rescatado un pescador que caeu ao mar en Barizo
A escaparda costa de Barizo-Foto-Alfonso da Seiruga

A tripulación dunha embarcación que faenaba polas proximidades de Barizo, en Malpica de Bergantiños, recolleu a pasada mañá a un home que se precipitou ao mar mentres pescaba con cana dende unha zona rochosa da parroquia malpicá. O pescador, consciente, con posibles síntomas de hipotermia e algunas mazaduras, foi trasladado pola mesma embarcación que o rescatou –a Arbeira- ao Porto de Barizo. Alí agarda unha ambulancia de Urxencias Médicas cuxo persoal médico determinará o estado de saúde do ferido.

A persoa que acompañaba ao pescador dou a voz de alerta ao 112 Galicia ás 12:20 horas de hoxe. A partir de aí, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias activou un operativo no que participou Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, o GES de Ponteceso, Protección Civil de Malpica e Garda Civil. Tamén foron informados os Bombeiros de Carballo, pero non chegaron a intervir.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios