Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Sembrando os cimentos dunha homenaxe aos mortos do mar

Sembrando os cimentos dunha homenaxe aos mortos do mar
serpent-09-pernas-campos

A cita convertirase de seguro nun evento que se recordará ano tras ano. E probablemente, traspasará fronteiras, en canto polas Illas Británicas, se enteren do que, cada 10 de novembro, un grupo de románticos galegos realiza na costa camariñá.

Na noite de onte, 119 anos despois do naufraxio do Serpent, achegáronse ata o Cemiterio dos Ingleses unhas 15 persoas. Entre elas, atopamos figuras como Juan Campos, o gran dinamizador desta homenaxe, varios membros da Real Liga Naval Española, a nova violinista Antía Ameixeiras ou o mesmísimo deseñador Antonio Pernas.

A ofrenda foi simple, pero emotiva. Unhas flores, unhas velas e unhas notas foron as protagonistas desta ofrenda. Non faltou a poesía, e foi o propio Antonio Pernas o que se lanzou cuns versos dunha escritora cubana. Uns versos que falaron dos milleiros de mortos nas nosas costas, pero tamén dos momentos difíciles que sofren os tripulantes do Alakrana.

Este foi o xeito de seguir sembrando as bases dunha homenaxe anual, que de seguro se convertirá nun referente cultural na Costa da Morte.

serpent-09-ofrenda serpent-09-violin

Fonte

  • Redacción de QPC.

Comentarios