Unha limpeza do areal das Xalfas polas Letras Galegas

07:09 14/05/18

Continuamos descubrindo as citas para estas Letras Galegas, e unha das máis singulares daraese en Muros. A A.C.D.R.M. Rumial convoca unha actividade de carácter cívico e medioambiebtal. Unha limpeza da praia de Louro e o areal das lagoa das Xalfas polo 17 de maio é unha acción máis que sobresaliente.
A cita pretende facer ver que o coidado do noso entorno non só depende dos políticos, se non que todos debemos sensibilizar de coidar os medios mariños, principalmente o impacto de actividades humanas e os residuos que estas xeneran.
Por iso, este xoves 17 de maio, achégate pola mañá ás Xalfas nesta cita organizada polo Rumial e o oClub de actividades subacuáticas os Os Petóns.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).