Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xunqueira e a Fervenza coparán a fin de semana

A Xunqueira e a Fervenza coparán a fin de semana
Ecuador de agosto e nestas datas chegan as grandes citas festeiras do verán. Este ano hai unha ausencia, como son as festas de Laxe, que aínda que nos últimos días chegaron rumores de que poderían organizarse, dende o Concello aseguran que non haberá festexos. Onde si haberá é en Cee e en Mazaricos. Festas da Xunqueira Comezando polas festas da Xunqueira de Cee, xa vimos como as presentaban no Concello, nunha presentación na que QPC non estaba convidado. Hoxe traemos o cartel cunha novidade de última hora, i é que Lolita non poderá vir, polo que no seu lugar actuará Coti. No programa, mañá venres, 12 de agosto comezarán co pregón, que se celebrará no Paseo Central da Alameda, co locutor da Radio Galega, Luis Rial. Dende as 22:00h será a quenda para o baile, da man da Disco Móbil CDC. O sábado 13 haberá actividesde dende as 11:00h e ata a hora do xantar, como inchables, futbolín humano, búfalo mecánico, pista americana ou rocódromo. Dende as 16:00h celebrarase a Festa da Espuma, e xa ás 19:00h, será a quenda para o desfile de xigantes e cabezudos, co Grupo Folk Peta Forte. Ás 23:00h actuarán os Brothers in Band na Praza Domingo Antonio de Andrade. O domingo 14 a orquestra Superstar porá a sesión vermú e a verbena. Dende as 23:00h celebrarase unha das actuacións máis importantes deste ano nas festas da Xunqueira, con María do Ceo. O luns 15 haberá pasarrúas dende as 10:00h coas bandas de música de Cee e O Rumbo. Ao longo da mañá e da tarde actuarán os membros da Banda de Música de Cee e da charanga NBA. A orquestra Compostela actuará na sesión vermú, que estará acompañada do grupo América pola noite. A medianoite haberá fogos de artificio. E xa o martes 16, as festas rematarán con pasarrúas coa Banda Unión Musical de Ponteledesma e a charanga NBA. Sesión vermú coa orquestra  Solara, e verbena con Solara e unha gala musical con Coti e La Guardia. Tamén haberá un musical dos anos oitenta e un grupo pop de Galicia. En Mazaricos Por outra banda, o encoro da Fervenza de San Cosme de Antes acollerá esta fin de semana a Festa da Fervenza. Comezarán o sábado 13 con música tradicional dende as 16:00h. Haberá unha cea tradicional. E xa pola noite verbena das boas con Panorama e París de Noia. O domingo 14 terán xantar na Fervenza e pola tarde xogos populares, carreiras de cabalos e música tradicional. Haberá zona de acampada, aparellos de recreo infantil, aparcadoiro gratuito, e gastronomía. Hai máis citas, como en Leiloio, en Nemeño ou en Anllóns, que iremos vendo nas vindeiras horas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios