Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición no VII Campus de Fútbol de Mazaricos

VII Campus Futbol Mazaricos
Aberto o prazo de inscrición no VII Campus de Fútbol de Mazaricos

A sétima edición do Campus de Fútbol de Mazaricos vén de abrir o prazo de inscrición ata o vindeiro 21 de xuño. A actividade diríxese un ano máis a nenas e nenos de entre 5 e 14 anos de idade, ofrecéndolles dúas semanas de diversión, convivencia, xogo en equipo e deportividade. Nesta edición, o Campus celebrarase entre os días 15 e 26 de xullo, en horario de mañá (10h-13.30h) de luns a venres.

O custo do Campus é de 40 euros para nenas e nenos censados en Mazaricos, sendo de 50 para aquelas nenas e nenos que non estean empadroados no municipio. As nenas e nenos que xoguen no Mazaricos CF, coorganizador do evento, gozarán dun desconto de 10 euros sobre o prezo base. Inclúese, en todos os casos, a roupa necesaria para o adestramento.

A inscrición pode realizarse nos teléfonos 981 86 71 04 ou 649 864 393.

Esta nova edición está organizada, como é tradicional, polo servizo de Deportes do Concello de Mazaricos, en colaboración co Mazaricos CF. Piensos Alborés colabora un ano máis co patrocinio da actividade.

Máis novas

Comentarios