Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Coristanco e Mazaricos acollerán manifestacións da Coordinadora “Eólicos Así NON”

Presentacion Eolicas Asi Non
Presentación das mobilizacións do 11D
Coristanco e Mazaricos acollerán manifestacións da Coordinadora “Eólicos Así NON”

Este venres a Coordinadora “Eólicos Así NON” anunciou o seu novo calendario de mobilizacións por todo o país. Convocan, coincidndo co Día Mundual das Montañas, unha gran manifestación deslocalizada contra a “invasión eólica” para o vindeiro 11 de decembro, con concentracións en unha vintena de cidades e vilas entre as que se atopan Coristanco e Mazaricos.

Son máis de 170 entidades de todo o país as que asinan o manifesto Eólicos así NON, entre as que atopamos ás costeiras Asociación Ambiental Senda Nova; Aosciación de afectados polo Parque Eólico Outes-Mazaricos – APEOM; Asociación en Defensa da Costa da Morte - ADECOM; Asociación Monte Pindo Parque Natural; Plataforma pola Defensa do Monte As Salgueiras; Contramínate; Plataforma non eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural; Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.

Para as asociacións “As montañas galegas son as principais vítimas desta aloucada e caótica vaga eólica que estamos a vivir ao constituír os lugares preferentes polas promotaoras para colocar os seus megaproxectos eólicos, despoxándoas practicamente de todos os seus valores e funcións de carácter ambiental, paisaxístico, cultural e socioeconómico para pasaren a ser meros polígonos industriais ao servizo exclusivo do oligopolio eléctrico”.

Contabilizan 300 proxectos en toda Galicia, dos que case medio centenar están ubicados na nosa comarca no marco do novo Complexo Eólico da Costa da Morte.

A “moratoria”

”Queremos deixar claro que a mal chamada “moratoria eólica” anunciada polo goberno de Alberto Núñez Feijóo non dá resposta a ningunha das nosas reclamas. Pola contra, promove a confusión na opinión pública e pretende desmobilizar a sociedade crítica coa actual invasión eólica. Desde “Eólica Así Non” denunciamos a falsidade e inefectividade desta medida anunciada polo goberno galego por canto só afectaría aos proxectos que inicien a súa tramitación no ano 2022 (e con excepcións), pero non tería eficacia sobre ningún dos máis de 300 proxectos eólicos que xa están en tramitación”, manifestan.

As concentracións costeiras

  • Coristanco: A partir das 12:00h na Casa do Concello.
  • Mazaricos: A partir das 10:00h no Lugar do Fieiro con posterior subida ao Monte Pindo.

Cartaz Mobilizacion eólicos 11D copia

OVAS SOBRE OS EÓLICOS

Comentarios