P.E. Portochán: A veciñanza xalleira mobilízase ante outro megaproxecto fragmentado ilegalmente
- Organizan unha manifestación este vindeiro 4 de decembro
- Últimos días para presentar alegacións
Outra revolta veciñal vense en Castriz. A veciñanza, apoiada por varias plataformas, como BerXallas, a Plataforma Eólicos Así Non (da veciña parroquia Castriz), a Asociación Fonte Seca da Baña, o Sindicato Labrego Galego ou a Asociación Petón do Lobo, están apoiando a este grupo de veciños afectados polo Parque Eólico Portochán.
Falamos dun proxecto promovido por Green Capital Development, para instalar 11 viraventos no termo municipal de Santa Comba, que xerarán un total de 66MW, polo que xa pasa a ser dependente do goberno central.
Un proxecto cuia zona perimetral asolaga aldeas como Freixeiro, Portochán, Portomadeiro, pero que tamén ten o seu impacto en vilas do Val do Dubra. Os 7km2 invadidos son de monte, pero tamén de zona de explotación gandeira. E o máis grave é que falamos de que hai zonas que van estar a apenas 300 metros dos viraventos (como o campo da festa e a antiga escola de Freixeiro), e outros a 600 metros como as primeiras casas da aldea xalleira. “Imos ter o runrun dos eólicos para toda a vida”, lamenta a un dos voceiros veciñais, Xosé Manuel Vila, que recoñece terse enteirado pola prensa. “A xente non quere o que van poñer como xa se demostrou nunha reunión que organizou o Concello coa empresa e a xente se lles botou enriba”, sentenza.
Fragmentación irregular
Aquí falamos doutro exemplo de “fragamentación irregular”, Co de Portochán construiranse o P.E. Castiñeira e o P.E. Silvariño, dous que afectan ao Concello da Baña, con máis de 150 megawatios entre os 3. O Informe Ambiental xa inclúe aos tres proxectos pero a realidade é que se tramitan por separado.
Mobilización e alegacións
De aí a necesidade de mobilizarse por parte deste grupo de veciñ@s de Cícere, Freixeiro, Grixoa e Castriz. gracias aos permisos xestionados pola Plataforma Eólicos Así Non, de Castriz; mentres axitan á xente, (xa recolleron 1.000 sinaturas casa por casa) e intentan conseguir o apoio municipal, convocan xa unha manifestación 4 de decembro, que partirá ás 11:30h da Praza do Concello, e subirá ata a rotonda da virxe.
Ademais, queda apenas unha semana para presentar alegacións. “Queremos que o Concello presente alegacións, unha vez que temos o apoio dos grupos municipais para aprobar unha moción” proposta polo propio Xosé Manuel Vila.
A nivel particular animan a descargar e presentar o modelo de alegacións que ofrece Petón do Lobo.
NOVAS SOBRE OS EÓLICOS de Mazaricos
- O Tribunal Superior ratifica que o P.E. A Ruña II non pode ir en terreos que foron afectados polos incendios.
- Novembro 21: O alcalde de Mazaricos trasládalle á veciñanza a pouca viabilidade que ten o Parque Eólico A Picota.
- P.E. A Picota: Os eólicos comprometen o sector gandeiro
- 11 entidades bergantiñás piden a anulación do Complexo Eólico da Costa da Morte.
- INFORME: O novo impulso eólico propón 39 novos proxectos na Costa da Morte.
- Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte.
- Setembro 2020: A veciñanza da comarca, contra os macroélicos e as inclemencias do tempo.
- Setembro 2020: Santa Comba acolle o primeiro encontro intermunicipal sobre o modelo enerxético e o medio rural .
- Agosto 2019: Mazaricos páralle os pés aos eólicos.