Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Traballar en B pode ser bo… pero moi perxudicial

Continuamos cunha interesante serie de artigos relacionados cos novos tempos que nos toca vivir, co asesoramento dos técnicos da Oficina de Consumo de Santa Comba.
Co lema "Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: … ou que xa descubríramos pero non queríamos ver” imos repasando asuntos relacionados coa transformación dixital, o teletraballo, a formación empresarial e autonómos, os ríos como límites territorais, as normativas inaplicables…
Ruas de Santa Comba
Rúas de Santa Comba
Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Traballar en B pode ser bo… pero moi perxudicial

Traballar en B pode ser bo pero tamén moi perxudicial

O traballo en B case é unha cultura en moitos sectores profesionais que, aparte de evitar o IVE, evita tamén a declaración doutros impostos. Demandar un servizo ou recurrir a un profesional que non emite factura, que quere pago en man, que non utiliza medios de cobro electrónico como os TPV para cobro con tarxeta, aínda segue sendo o día a día no noso entorno. Incluso aínda hai locais de hostalería que non teñen ningún sistema electrónico de pago e control das súas finanzas máis alá da vetusta máquina rexistradora.
Non é algo que non sepa o fisco, ao contrario, o sistema que se coñece como bigdata ou control de todos os movementos das persoas e as súas prácticas de vida teno ben localizado. Agora coa pandemia moitos profesionais e autónomos víronse da noite para a mañá cos seus negocios pechados, sen ingresos, e demandando unhas subvención e axudas que nunca poderán cobrar, ou polo menos como deberían cobrar, porque sinxelamente non poderán demostrar o descenso de ingresos real ao facer da economía sumerxida unha forma de vida do seu negocio... e que afectará tamén as pensión de xubilación.

Pode ser bo e tamén perxudicial, e non só polo paquete que a un lle poida caer se o pilla facenda, senón tamén polos beneficios posteriores que podemos perder en caso de posibles axudas ou pensións de xubilación. O caso máis popular, e que todos coñecemos moitos semellantes, é o daquela persoa que traballou toda a vida pero non cotizou, ou que, aínda cotizando, fixoo sobre a parte, mínima, eso sí, que cobraba en A, pero que o resto ía en B por fóra do circuito legal e agora vese na situación que vive unha xubilación cunha pensión en precario ou incluso sin ela.

A situación é similar ao que sucede no sector autónomo e hosteleiro, onde moitos convertiron a práctica da contabilidade paralela axena ao fisco como unha forma de vida, onde incluso rexeitan calquera tipo de control básico que deixe rastro como caixas rexistradoras ou terminais de pago con tarxeta. Así en A rexistran o mínimo legal, para pagar a facenda o mínimo legal e o resto vai en B por contabilidade paralela.

Non é dificil localizar esas prácticas que se dan sobre todo en construción, reformas, perruquería, venda a domicilio en vehículo de transporte, feiras, hostalería de determinadas zonas rurais, ocio nocturno ou numerosos profesionais liberais, sobre todo da medicina privada, que só permiten o pago en efectivo.

Na pandemia moitos deles descubriron que están nunha situación similar á do señoriño que non cotizou, e que, agora os seus negocios non é que só sufriran unha brutal caída de ingresos, senón que tratando de acollerse a diferentes axudas establecidas resulta que non lles é posible, ou séndoo teñen que optar polas mínimas ou insignificantes axudas que non lles solucionan nada porque estas van en base a demostrar unha redución de ingresos que eles declaraban que eran mínimos ou unha redución de personal que estaba irregular ou “daquela maneira”.

Cantas axudas pediron os nosos hostaleiros?

Os primeiros resultados desta situación saen á luz dunha análise pormenorizada da primeira fornada de axudas ao sector da hostalería que fixo pública a delegación territorial da Xunta de Galicia no marco do Plan de rescate ao sector (establecementos de restauración, bebidas e aloxamento, tanto para persoas autónomas como microempresas).

O caso máis significativo é o de Santa Comba, unha referencia cun potente sector hosteleiro tanto en bares, como en restaurantes, incluso no sector de distribución de bebidas con microempresas (menos de 10 traballadores) tanto en zona urbana como en zonas de alto valor económico como o cruce da Pereira. O sector do concello xalleiro presentou a trámite só 51 solicitudes, mentras que outros concellos cun sector menor e incomparable co xalleiro presentaran similar número de expedientes ou superiores. É o caso do veciño Val do Dubra, que presentou 67 (16 máis que Santa Comba).
Pero non é só o caso dos xalleiros. Laxe presentou 39 expedientes, que son 5 máis (39) dos que presentou Fisterra. Camariñas presentou 10, case o mesmo que o diminuto Corcubión, 11. Mentras que Cabana presentou 40, que son 7 menos (47) das que presentou Muxía. Malpica presentou 67, que son 3 máis (64) das que presentou Ponteceso.
Caso aparte é o de Vimianzo, que presentou 100 solicitudes, incomparable con calquera outro, salvo Carballo.

Todo elo denota que as solicitudes non están acordes co nivel e a envergadura do sector do municipio no que se ubican, co potencial e referencia que supoñen no turismo e que moitos non poideron optar as axudas por non cumprir ao non poder demostrar uns criterios económicos realistas o que viñan desenvolvendo.

Por onde escapan os cartos?

Isto non é axeno ao coñecemento da administración, que por sofisticados sistemas informáticos de Big Data (control de todo tipo de datos) sabe con total precisión si as contas cadran e por onde se colan os cartos.

Segundo Gestha, o sindicato de técnicos do Ministerio de Facenda, teñen datos moi "chamativos" do verán do 2019, un par de meses antes da pandemia, que fan saltar as "alarmas vermellas" como o feito de que casi un de cada cinco autónomos con traballadores a cargo declare de media menos ganancias que polas que tributan os seus propios empregados. As alarmas aínda se poñen máis vermellas cando polo propios datos que se desprenden do “big data”, 3 millons de empregados cobrarían máis que os seus propios xefes. E o máis curioso é que, entre eles atópanse arquitectos, notarios, avogados ou médicos en consultas privadas, entre outras profesións por conta propia e de alta cualificación. Obviamente, as contas non casan cando se declara que o empregado do notario ou do médico cobra máis que o propio notario ou médico.

Outro dato significativo é que, casi a metade dos autónomos, en total máis de 1,5 millones, declara gañar menos de 12.000 euros anuais. É dicir, que non chegan a mileuristas.

Outros datos que non lle cadran o “big data” de facenda é que os autónomos declaren ao fisco que gañan menos que antes da crisis, que os empresarios e profesionais que tributan no réximen de módulos (réximen de estimación obxetiva, como se coñece oficialmente ao réximen simplificado de módulos), declararon una renta media anual que está en números redondos nos 10.000 euros, que son pouco máis de 800 euros mensuais, casi 1.500 euros menos do que gañaban antes da crisis financieira de 2008. A maioría destos pequenos empresarios, casi 8 de cada 10, decláranse menos que mileuristas e tributan de media un 7,27%, frente o 15,33% dos traballadores asalariados ou o 20% do resto de emprendedores.

Cando a granxa de ordenadores e sistemas de rastrexo tecnolóxico a servizo do estado se pon a mil por mil rastrexando e cruzando datos, si o “big data”, comproba en segundos que iso non é posible ao tenor do ritmo de vida do declarante por medio de datos constatables tan diversos e básicos como vehículos, propiedades, seguros contratados, viaxes realizados, rexistros de telefonía, rexistros bancarios, consumo de gas, persoas a cargo, etc.

Como controlar isto?

Por iso, cada vez máis se incentivan e potencian diversas medidas que acorralan cada vez máis estas prácticas. Como as máis populares está a limitación de pagos en efectivo, desde o ano 2012, de cantidades superiores a 2.500 euros, una medida que afecta tanto a autónomos como a empresas e particulares, e que próximamente se reducirá a 1.000 euros dentro dunha modificación da Lei de medidas de prevención e loita contra o fraude fiscal.

Tamén están as presións e acordos de facenda coas entidades bancarias para que reduzan o mínimo as taxas por uso de tpv e tarxetas, co obxecto de popularizar estos sistemas e de permitir os pagos electrónicos que non se escaparían o control do fisco.
Tanto é así que na pandemia, os bancos comenzaron a enviar tarxetas gratuitas a usuarios que non as tiñan, e estos implantaron na súa vida o pago electrónico que nunca fixeran antes.

Por outra parte está tamén a implantación do comercio online, que pode marcar a vida ou a morte dun negocio, e que non ten ningunha alternativa máis que as transaccións económicas por medio de plataformas de pago que deixan un claro rastro económico, ou outras como o reembolso de correos que tamén están baixo control económico do fisco. De feito un dos grandes obstáculos da implantación do comercio online desde pequenos comercios e autónomos é que a única opción de pago é o electrónico, é dicir, hai que abandonar a facturación en B para pasarse automaticamente a facturación en A. Moitos non están dispostos, pero o sistema de comercio actual empurra e cada vez máis.

Serie “Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia”

Outras reportaxes sobre Leis

Comentarios