sábado. 15.03.2025
El tiempo

Fermaz Festival: É hora de que Mazaricos cambie

Fermaz Festival: É hora de que Mazaricos cambie
Fermaz Festival 2014

”It’s time to change”. Ese é un do lema do Fermaz Festival, o festival de música electrónica que vai poñer Antes, Mazaricos e a Costa da Morte no panorama mundial da música electrónica.

Os dúas 5 e 6 de setembro, o encoro da Fervenza encherase de música, pero o verbeneo dará paso aos djs, para convertir o encoro na meirande pista de baile imaxinada.

A organización segue achegando confirmacións para completar as 40 horas de música techno, mentres as entradas seguen á venda. Estes días tráennos o terceiro avance, e xa son 38 os pinchs confirmados.

Na última tanda unimos á listaxe o neoyorquino Manik, que vén de editar o seu disco con Josh Wink; Patrice Bäumel, un home que combina o incombinable; Riva Starr, italiano expulsado da súa patria e afincado en Londres; Frank Kvitta, un xenio dos sets variados que van desde techno duro e intransixente ata o “techno-bassline” rítmico; a brasileira Candy Cox, chea de enerxía e candela; Ana Luiza Gelfei e David Merlino, ou Pet Duo, os garantes do son schranz; Fernanda Martins, unha das grandes djanes da escena Techno mundial; ou James Zabiela, o gran pai de todos os Djs de Detroit.

Así chegan, e aínda queda unha marea de invitados por confirmar, pois rondarán o medio centenar.

Aquí vos deixamos unha prona da que se avecina, con Candy Cox:

Máis información

Novas relacionadas

Axenda Sonora 2014

Fonte

Comentarios