venres. 06.12.2024
El tiempo

Mazaricos celebra o Día das Letras Galegas en clave de teatro

Teatro 17M Mazaricos
Mazaricos celebra o Día das Letras Galegas en clave de teatro

Mazaricos celebra o Día das Letras Galegas co mellor teatro na nosa lingua. A Casa de Cultura da Picota acollerá mañá, mércores 17 de maio, a representación de “De algo hai que morrer”, unha divertida obra a cargo da Compañía Malasombra Producións.

Nesta obra, que trata con moito humor un tema tan cotián coma o da morte, os profesores Jekyll e Hyde divulgan as súas investigacións. Ao longo da conferencia disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal.

A función, de entrada libre, comezará ás 5 da tarde.

Comentarios