Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Mazaricos CF lanza o “mayday” ante a falta de relevo na directiva

Asi estaban as bancadas do Pena de Ouro de Mazaricos
Imaxe dun partido do Peña de Ouro de Mazaricos
O Mazaricos CF lanza o “mayday” ante a falta de relevo na directiva

Todos os veráns acontece, demostrando o complicado papel das directivas dos clubs modestos. Seguro que o exemplo do Ponteceso onde son as propias familias as que toman o mando é algo que se repite nos vindeiros anos.

Por agora, por Mazaricos non hai resposta ás primeiras alarmas. A directiva do Mazaricos CF presentaba a súa dimisión e non hai ninguén que queira poñerse ao timón. Daba o anuncio así nas redes sociais, á espera dunha reacción de última hora:

"Na tarde deste domingo celebrabase a última asamblea para a elección da nova xunta directiva. Dado que non apareceu ningunha candidatura a coller o relevo do club (salvo a excepción do equipo de veteranos e o fútbol base que si que continuaría), procederemos a comunicarlle a federación a non inscripción dos demais equipos ao longo desta semana”.

Comentarios