Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A piscina e os camiños de dez lugares, as obras do POS en Mazaricos

mazaricos-piscina
A piscina e os camiños de dez lugares, as obras do POS en Mazaricos

O pleno extraordinario de Mazaricos aprobou, cos votos a favor do BNG, a abstención dos populares o voto en contra do PSOE, as obras do POS 2020 da Deputación.
A obra principal, que se realizará durante o vindeiro ano, será de acondicionamento e conservación da piscina municipal da Picota por un valor de 72.385.93€.

Do mesmo xeito, aprobouse a rehabilitación de firmes e actuacións complementarias e camiños rurais das parroquias de Antes, Beba, Chacín, Coiro, Corzón, Maroñas e Vaos por un montate de 245. 500€.

Outro dos proxectos será a mellora da pavimentación na rúa Rei Ferradás e nos camiños de Ventín, tamén da área recreativa da Picota e nas rúas Casteliños e Santa Olaia en Pino de Val por un importe de 76.822€.

Comentarios