"O poeta da terra" segue percorrendo as escola da comarca
09:50 09/12/24
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e a Concelleira de Educación, Pilar García; entregáronlle onte cadanseu libro de "O Poeta da Terra" ao alumnado de 3º, 5º e 6º do CEIP Víctor Saenz, situado no Concello de Mazaricos, e no que estudan tres alumnos empadroados do municipio zaseiro.
Alí estiveron acompañados do Rexedor de Mazaricos, Juan José Blanco; e do Director do centro, José David Fernández, e tiveron a ocasión de convidalos a que coñezan a través deste libro a obra e parte da vida de Enrique Labarta Pose.
Este primeiro libro infantil sobre Labarta Pose tamén se entregou nos centros de Eduación Primaria do municipio e enviouse aos 47 colexios de primaria dos 17 municipios que forman a Costa da Morte.