Máis apoios para Enrique Labarta Pose
O pasado venres o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, recibiu onte na Casa do Concello a Manuel González González, membro da Real Academia Galega dende o anos 1992 e catedrático de Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago
de Compostela.
Durante a súa visita, Manuel González González asinou no libro de honra do Concello de Zas onde agradeceu a súa acollida ademais de darlle os parabéns tanto ao Concello como a todas a persoas e entidades que promoven a candidatura de Enrique Labarta Pose para o Día das Letras Galegas. “Estou seguro de que o esforzo logrará máis pronto que tarde o Día das Letras para Labarta Pose”, indica González que foi un dos membros da Real Academia que defendeu a candidatura de Labarta para o día das Letras Galegas do 2025. Aproveitou tamén a súa visita para mostrar o seu apoio para o fomento da cultura e da defensa da lingua.
Na recepción tamén estiveron presentes Jorge Mira, portavoz da Comisión Enrique Labarta Pose; xunto con Xosé María Lema Suárez, Xosé María Rei Lema e Xosé Manuel
Varela Varela.