Martes. 07.05.2024
El tiempo

Un mazaricán Encallao no Matadero de Madrid

Un mazaricán Encallao no Matadero de Madrid
O mazarican Federico Perez Rey en Encallaos

Chegar á gran pantalla da capital non é doado. Pois mañá sábado 20 de setembro chegan nada menos que ao Matadero, o lugar de culto da cultura madrileña, un espazo impresionante, pensando no que foi e no que o convertiron. Alí estará o noso querido Federico Pérez, o mazaricán máis coñecido da escena galega.

E irá ata o Matadero da man do filme Encallaos, unha simpática comedia, onde el mellor se move, que trata sobre o cine, o Prestige e, en xeral, “o noso fracaso”. Así, se en Galicia xa houbo 3000 afortunados que puideron ver o filme, este sábado, outros 236 afortunados poderán ver na gran pantalla na capital a Fede con Xúlio Abonjo e Ricardo de Barreiro da man do director Alfonso Zarauza.

Encallaos no Matadero Madrid

A sinopse é ben simpática: “Un director de cinema chama a dous amigos guionistas para escribir un filme sobre a catástrofe do Prestige con poucos medios e un prazo inminente. Os tres acaban, como o propio petroleiro, encallados ante a imposibilidade de levar a cabo a súa historia”.

O filme, rodado en branco e negro en Compostela, conta cun detalle de Luís Tosar, e de seguro que triunfará no mercado alternativo.

Máis información

Novas cinematográficas

Fonte

Comentarios