Un mazaricán Encallao no Matadero de Madrid
Chegar á gran pantalla da capital non é doado. Pois mañá sábado 20 de setembro chegan nada menos que ao Matadero, o lugar de culto da cultura madrileña, un espazo impresionante, pensando no que foi e no que o convertiron. Alí estará o noso querido Federico Pérez, o mazaricán máis coñecido da escena galega.
E irá ata o Matadero da man do filme Encallaos, unha simpática comedia, onde el mellor se move, que trata sobre o cine, o Prestige e, en xeral, “o noso fracaso”. Así, se en Galicia xa houbo 3000 afortunados que puideron ver o filme, este sábado, outros 236 afortunados poderán ver na gran pantalla na capital a Fede con Xúlio Abonjo e Ricardo de Barreiro da man do director Alfonso Zarauza.
A sinopse é ben simpática: “Un director de cinema chama a dous amigos guionistas para escribir un filme sobre a catástrofe do Prestige con poucos medios e un prazo inminente. Os tres acaban, como o propio petroleiro, encallados ante a imposibilidade de levar a cabo a súa historia”.
O filme, rodado en branco e negro en Compostela, conta cun detalle de Luís Tosar, e de seguro que triunfará no mercado alternativo.
Máis información
Novas cinematográficas
- Costa da Morte, a premiada documental de Lois Patiño, chega á gran pantalla.
- Illados, unha nova documental sobre a idiosincrasia da Costa da Morte.
- Un solpor peregrino ao son do chelo.
- As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- Sicixia, a primeira película que se rodará integramente na Costa da Morte.
- “The Way” tamén chega á Costa .
- “A Mariñeira” enche os cines de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).