Venres. 29.03.2024
El tiempo

O alcalde de Mazaricos trasládalle á veciñanza a pouca viabilidade que ten o Parque Eólico A Picota

Xuntanza sobre os eolicos en Mazaricos
Máis de 70 persoas acodiron á xuntanza informativa sobre os eólicos
O alcalde de Mazaricos trasládalle á veciñanza a pouca viabilidade que ten o Parque Eólico A Picota

Poucos concellos en Galicia organizan unha sesión informativa sobre os parques eólicos. Pero o de Mazaricos é reincidente. Xa en 2019 prantábase diante das empreas eólicas polo Parque A Ruña. Agora, é o Parque Eólico A Picota o que ameaza as terras gandeiras mazaricás e o Concello volve poñerse á cabeza da loita contra a invasión dos viraventos.

Faino, primeiramente, dando luz a un asunto que adoita estar silenciada polas administracións. E para iso vén de organizar unha charla informativa aberta á veciñanza.

Xoan Blanco informando sobre os eolicos de Mazaricos

Máis de 70 veciños e veciñas puideron coñecer de preto o proxecto promovido por Villar Mir Energía. O propio alcalde, Juan Blanco, moi implicado no asunto, calificou de “desastroso” o proxecto, que inclúe 10 aereoxeneradores de 200 metros de altura (como un edificio duns 40-50 pisos), curzando todo o municipio, de Corveira a Beba, afectando unha extensa área tanto pola instalación de postes como da liña eléctrica.

Primeiramente o alcalde de Mazaricos asegurou que a instalación deste parque “non só non suporá ningunha mellora na calidade de vida das veciñas e veciños, senón que incluso será ao contrario, xa que afectará a varios servizos básicos”. “Non podemos estar conformes”, resumiu.

O alcalde destaca que o 80% da superficie afectada ten alto valor agrogandeiro pero é que ademais hai zonas foron arrasadas polo lume, para as que non se permite legalmente un cambio de uso. Pero é que as afectacións non acaban aí pois tres dos muíños atópanse moi próximos ao mesmo Camiño de Santiago. “Xa hai precedentes de proxectos parecidos que foron tumbados por afectar ao trazado do Camiño de Santiago”, defendeu o rexedor diante dos veciños.

Outro dos puntos que fan dificilmente viable o proxecto é que está fragmentado (ilegalmente segundo as entidades medioambientais) en dous parques (A Picota I e A Picota II).

Alegacións

Blanco sinalou que o período de alegacións estará aberto ata mediados de decembro, e convidou a toda a veciñanza a alegar para tratar de aminorar o impacto do proxecto e presentar unha posición de forza diante de futuribles negociacións. Explicou que o Concello vai dispoñibilizar dende este venres, 12 de novembro, un servizo de asesoría técnica gratuíta para todas as persoas afectadas, para o que abrirá a solicitude de cita mañá, día 11, chamando ao Concello no 981 86 71 04. “Imos axudar a analizar caso a caso de cara ás alegacións”, prometeu,

O alcalde sinalou que o Concello respecta a decisión individual que cada persoa propietaria tome sobre o seu terreo. Pediu non ceder ás ameazas de expropiación que se poidan recibir.

NOVAS SOBRE OS EÓLICOS

Comentarios