O Tribunal Superior ratifica que o P.E. A Ruña II non pode ir en terreos que foron afectados polos incendios
- Juan Blanco: “O Concello de Mazaricos non vai permitir que se pase por riba dos nosos veciños”
Pero é que o Concello xa levan enfrontándose aos xigantes muíños de vento. En 2019 plantábase contra o Parque A Ruña II por posibles afectacións medioambientais a zonas como a Devesa do Anllares, o Camiño ou o Monte Pindo. Foi en 2020 cando Concello e a a Comunidade de Montes de Porrei presentabn alegacións, xa que os terreos afectados, nas zonas de Arcos e Colúns, sufriran sufrido incendios forestais nas últimas décadas, polo que non podían ser destinadas ao aproveitamento eólico.
Unhas alegacións que provocaron que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia paralizase a concesión da licenza administrativa para a construción do devandito proxecto. Un fallo que foi recorrido por Eurus Desarrollos Renovables.
Agora si é definitivo, e esta semana o Tribunal Supremo vén de desestimar o recurso de casación presentado pola empresa promotora, paralizando a concesión e tendo agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que decidir agora, durante o primeiro semestre de 2022, a ubicación final dos terreos do parque eólico Ruña II.
O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, asegura que a decisión do Tribunal Supremo é “excelente” e “o que esperabamos”. O rexedor engade que dende o Concello de Mazaricos vaise seguir traballando para frear esta clase de abusos por parte dos promotores eólicos. “Non imos permitir que ningunha empresa veña aquí con prepotencia, malos modos ou amedrentando aos veciños”, asevera o alcalde.
Blanco reitera que Mazaricos non está “en contra da enerxía eólica”, senón “todo o contrario”, pero o Concello defenderá por riba de toda consideración os dereitos da veciñanza que se vexan conculcados. É por iso que dende o Concello están a impulsarse tamén alegacións ao proxecto de Parque Eólico A Picota, que se atopa xa en fase de exposición pública e que Juan Blanco define como “auténtico despropósito”.
NOVAS SOBRE OS EÓLICOS de Mazaricos
- Novembro 21: O alcalde de Mazaricos trasládalle á veciñanza a pouca viabilidade que ten o Parque Eólico A Picota.
- P.E. A Picota: Os eólicos comprometen o sector gandeiro
- 11 entidades bergantiñás piden a anulación do Complexo Eólico da Costa da Morte.
- INFORME: O novo impulso eólico propón 39 novos proxectos na Costa da Morte.
- Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte.
- Setembro 2020: A veciñanza da comarca, contra os macroélicos e as inclemencias do tempo.
- Setembro 2020: Santa Comba acolle o primeiro encontro intermunicipal sobre o modelo enerxético e o medio rural .
- Agosto 2019: Mazaricos páralle os pés aos eólicos.