2 millóns de débeda do Concello de Muros?
No pleno do pasado xoves 22 de setembro de 2011, a alcaldesa do Concello de Muros, Caridad González, aseguraba que o anterior goberno (formado por BNG e PP) deixara unha débeda pendente de 2.039.039,41 €, en forma de pagos a proveedores pendentes de aboamento. Unha cifra que preocupaba a máis de unm pero que segundo o grupo do BNG "é totalmente erróneo" e tildan de "irresponsable" a actitude da alcaldesa.
O BNG de Muros denuncia que "esa cifra non inclúe só pagos a proveedores, senón que tamén inclúe pagos de obras subvencionadas por distintos departamentos da Xunta e pola Diputación, e cuxos importes se recuperan en canto a Xunta e a Diputación transfiran esas cantidades ó Concello".
Ademais, denuncia María Xosé Alfonso que "na relación de facturas tamén inclúe facturas xa pagadas, e tamén inclúe facturas de gastos realizados polo actual goberno socialista como por exemplo algunha factura por importe de 2950 € do novo asesor xurídico (persoal de confianza da alcaldesa)".<
Ao tempo, dende o BNG critican que, en tempos de crise o Concello gaste "40.000€ en dous amigos seus, tal e como recoñecía neste último pleno, en persoal de confianza seu. Contrata a dous asesores para a área de urbanismo que lles van custar ó concello máis de 5000 € mensuais habendo no concello funcionarios e traballadores suficientes para desenvolver o traballo do citado departamento. Todo un despilfarro", para o BNG.
Novas relacionadas
- SORUM premia ás figuras máis destacadas do ano en Muros.
- O Cine París xa ten proxecto de rehabilitación.
- Denuncian que o contrato coa empresa das gaiolas de salmón de Muros está caducado.
Fonte
- Nota de prensa da man de María Xosé Alfonso Torres, do BNG de Muros.