mércores. 14.05.2025
El tiempo

A mocidade de Muros coñece os Tesouros da Fundación Fernando Blanco

A mocidade de Muros coñece os Tesouros da Fundación Fernando Blanco

Nas tardes dos pasados luns e martes, un total de 134 persoas das parroquias de San Pedro de Muros e de San Xoán de Serres visitaron o Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema, para coñecer todos eses Tesouros da Fundación, da man, ao igual que nós en QPC, do Coordinador do Museo, Darío Areas.

Os visitantes percorreron o museo sito na antiga Escola de Nenas, onde, ademáis de ollar o material didáctico que se conserva, recibiron a pertinente explicación detallada que lles permitiu acercarse á vida dun dos máis importantes indianos de Galicia, así como sumerxirse no pasado e coñecer a historia da institución benéfico docente ceense.

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa do Museo Fernando Blanco da man de Darío Areas.

Comentarios