Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Alfonso Blanco Quintela presenta na casa o libro sobre o toponimia de Muros da man da RAG

20240315-Toponimia-de-Muros
Alfonso Blanco Quintela presenta na casa o libro sobre o toponimia de Muros da man da RAG

A antiga fábrica de Sel acollerá o vindeiro venres 15 de marzo (19:30 horas) a presentación de Toponimia de Muros, un novo volume da colección Terra Nomeada asinado por Alfonso Blanco Quintela. O autor é profesor de latín e grego no IES Fontexería de Muros, dende o que vén realizando un amplo labor de divulgación sobre os nomes de lugar do municipio. Nesta obra afonda na orixe e no significado dos 105 nomes da toponimia maior de Muros e en sete máis pertencentes á toponimia menor.

No acto, de entrada libre ata completar a capacidade do recinto, Alfonso Blanco estará acompañado na mesa da presentación polo presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; o coordinador do Seminario de Onomástica da RAG, Antón Santamarina; a presidenta da Asociación Galega de Onomástica e académica correspondente Luz Méndez; o vicesecretario da RAG, Henrique Monteagudo; e a alcaldesa de Muros, María Lago Lestón.

Máis novas

Comentarios