Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Archivo Adxunto lanza o seu terceiro álbum a base de lume

Archivo Adxunto - Muros 2024
Archivo Adxunto lanza o seu terceiro álbum a base de lume

Xa non son aqueles rapaciños que se xuntaban aló por comezos da década pasada recén saídos da Factoría Nasmo. Os muradáns Archivo Adxunto teñen un son moito máis elaborado, moito máis cañero, e cun discurso moito máis crú xa como unha auténtica “banda punky zapatilla”.

Hoxe, 1 de marzo, os Adrián Bouzas (voz e guitarra), Javier Fernández (batería) e Yeray Santana (baixo), lanzan nas plataformas o seu terceiro álbum, “Xente Nova Leña Verde”, onde se demostra que a banda muradana non é fume, senon lume.

Tras 5 anos sen escoitar nada novo deles, preséntanse con 8 novos temas cociñados en Estudios Mafia, onde os bombos contundentes, as guitarras pesadas e o xogo de voces gaña protagonismo. Cun estilo que baila entre o punk clásico e un rock máis vangardista, xogan coas velocidades entre tema e tema, mesturando o galego e o castelán a partes iguais.

Pronto comezarán tamén a súa xira “Todo é Fume”, onde se poderá ver a Archivo Adxunto por diferentes salas galegas que se irán anunciando próximamente.
A primeira destas salas será a Sónar, en Santiago de Compostela, donde o próximo día 15 de Marzo presentarán por primeira vez o seu novo traballo.

Novas relacionadas

Comentarios