Xoves. 28.03.2024
El tiempo

AYUCO, a plataforma costeira que axuda aos afectados polas estafas dos microcréditos ou abusos bancarios

Foto Convenio AYUCO - ADECOM
Santi Caamaño de AYUCO e Mario Maceiras de ADECOM asinando un acordo de colaboración entre ambas entidades
AYUCO, a plataforma costeira que axuda aos afectados polas estafas dos microcréditos ou abusos bancarios
Santiago Camaaño segue espallando a loita contra a ludopatía. O humorista muradán ten recoñecido a súa adicción en innumerables ocasións e non cansa de seguir pelexando para que outros moz@s do país non sufran o que el viviu.

Un paso máis é o seu compromiso coa Asociación de Axuda ao Consumidor (AYUCO), entidade que preside para axudar ás vítimas de estafas chamadas tarxetas revolving, microcréditos e abusos bancarios.

A súa nova entidade está buscando colaboracións con entidades, como a que vén de asinar coa Asociación en Defensa da Costa da Morte (ADECOM). Caamaño e Mario Maceiras asinaron un convenio de Colaboración para combater a ludopatía e a usura bancaria na nosa bisbarra e tamén ofrecer asistencia xurídica gratuíta ás persoas da Costa da Morte que foron vítimas dalgún dos fraudes bancarios máis comúns: tarxetas revolving, microcréditos, cláusulas chan hipotecarias, preferentes…

As dúas entidades coinciden en analisar que tradicionalmente a Costa da Morte é unha comarca moi golpeada polo desemprego, a emigración e as sucesivas crises económicas, coma as da “burbulla inmobiliaria” en 2008 e do Covid en 2020, polo que a súa poboación é particularmente sensíbel a poder caer neste tipo de trampas co engado do "diñeiro fácil", sexa a través da adición aos xogos de azar e apostas, ou ben á hora de contratar produtos financieiros usureiros e incluso ilegais.

AYUCO lembra que en España o máximo interese permitido é o 20%, a partir de aí xa se considera usura e por tanto é ilegal, porén hai casos nos que se realizan intereses superiores ao 3000%, asi coma casos nos que por un microcrédito "rápido" de 500€ acaban reclamándolles contías que superan os 6 mil €.

Poden poñerse en contacto con AYUCO no 647669553 ou en [email protected].

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios