A Capela dos Remedios de Muros e a súa fragata
Muros celebra a festa da Virxe dos Remedios o primeiro martes de Pascua, na coñecida por Capela dos Remedios, que se atopa ó final da rúa Axesta. Esta é unha capela de traza sinxela e pequenas dimensións e que foi fundada e mandada construír por Dona María Pose de Leis, no ano 1744, e dedicada a Santa Isabel, nai de San Juan Bautista.
A finais do século XIX, a capela pasou a chamarse “dos Remedios”, e elo pola devoción que tiñan moitas xentes a esta advocación mariana, nun tempo en que en Muros funcionaban un bo número de fabricas conserveiras, nas que a man de obra era maioritariamente feminina.
Foron tempos nos que as mulleres traballaban de sol a sol, sen ter nin un día de descanso á semana. Moitas de esas mulleres eran veciñas de Lira, onde a devoción a Virxe dos Remedios era i é moi grande. E así, o non poder, nin tan sequera poder acudir aos cultos solemnes que en honor a Virxe se celebraban en Lira o primeiro martes de Pascua, optaron, facendo un petitorio entre elas, por adquirir unha imaxe da súa patroa, que colocaron na Capela de Santa Isabel, en Muros, e co tempo a capela pasou a chamarse “dos Remedios”, celebrándose tamén, en Muros, a festa dos Remedios o primeiro martes de Pascua.
Dentro da Capela, pendida do teito, hai unha maqueta dunha fragata de tres paus, pero non se trata dun exvoto. A historia desta maqueta remóntase aos anos cincuenta do século anterior. Nesas datas celebrábase en Muros unha gran festa en honor aos Remedios, e para recadar fondos para celebrar o evento, o muradán Don Manuel Beiro Cambeiro (O Sr. Manolo de Carracá), ofreceuse a facer a maqueta dun barco para rifala e así recadar fondos. O Sr. Manolo, pese a que nunca traballara de carpinteiro (sempre foi barbeiro i antes, canteiro), fixo un traballo meritorio. A maqueta rifouse pero non apareceu o agraciado. Pasados os meses, o Sr. Manolo pídeo que non se volvera a rifar e que se colocara no pequeno templo como ofrenda a Virxe dos Remedios, e na capela quedou.
- Manuel Lago Álvarez, Manolo de América
Outros artigos de Manuel Lago Álvarez
- A Santa Ana de Muros e as parturentas
- O Xudío da Tutea
- Domingo de Ramos, papas comamos!!
- A Casa de Baños de Muros.
- A Avenida de Bos Aires de Muros
- A división territorial de Muros en 1836
- O reloxo de sol da rúa Ancha
- A Banda de Música de Muros.
- O Xuíz e os touros.
- O Tren a Muros
- Curiosidades muradanas: Mariñeiro agredido con un bastón, no ano 1754
- Muros: o motín de 1899
- O beato de Arias de Presno e a Campa Santa
- Muros, 1846: o axustizamento de Ginés Mato
- O brazo perdido e atopado