mércores. 30.04.2025
El tiempo

O reloxo de sol da calle ancha de Muros

O reloxo de sol da calle ancha de Muros
O reloxo de sol da rúa Ancha de Muros
O reloxo de sol da calle ancha de Muros

Non son moitos os reloxos de sol que hai en Muros. Como moito, non máis de dez. O máis coñecido é o que está situado na rúa Ancha no lado dereito da fachada da casa número 4. Este reloxo ten gravada en letras negras opacas na súa parte superior a fecha de 1811, que pode corresponderse coa data de construción ou a posta nese lugar.

O reloxo é de tipo rectangular (máis alto que ancho). Feito en granito, as súas dimensións apenas alcanzan os 32x 42 centímetros. Está apoiado nunha ménsula de pedra. A cara visible ten fondo branco e sobre ela un gnomon triangular que no andar do sol indica coa súa sombra sobre unhas liñas pintadas de negro, as horas e medias horas (as horas danas as liñas longas e as medias horas as curtas). 

Os números das horas están nos laterais e na parte inferior do rectángulo, e tamén gravados na pedra. Os números están gravados en numeración romana, estando os dos laterais en posición de rebaixe oblicuo. En canto a numeración romana usada polo artista-canteiro que o construíu, a anécdota dáse polo feito de que para indicar o número correspondente as nove da maña utiliza a grafía VIIII, e para indicar o correspondente as catro da tarde usou a grafía IIII.

Con todo o reloxo da rúa Ancha é unha peza da arquitectura civil muradana que merece ser coidado, e lixeiramente corrixida a súa posición con respecto ao sol, xa que ten unha pequena deriva duns poucos grados.

 

Outros artigos de Manuel Lago Álvarez

 

Comentarios