A Avenida de Bos Aires de Muros

Coma en calquera Vila, as nosas rúas teñen nomes, pero moitas delas teñen uns nomes un pouco singulares; nomes que non se encontran noutros lugares e que, os que nos visitan por primeira vez cáusanlle asombro.
Paciencia, Amargura, Soidade, Calvario, Sufrimento, etc., non son nomes habituais para as rúas, pero como somos un pouco “distintos, pero non distantes”, témolos nós, aquí, en Muros. Descoñezo as datas e circunstancias nas que o Concello lle deu eses nomes. Teño recollido moitos datos interesantes das actas do noso Concello, pero non cheguei atopar nada referente o nomeamento das rúas da Vila, tan só o acordo que fai mención a Avenida de Bos Aires, que se fixo a instancias da petición formulada pola Sociedade “Mutualidad y Cultura Muradana”, con domicilio social na cidade de Bos Aires, e que contaba naquel ano con 260 inscritos do concello de Muros.
Igual resulta un dato descoñecido para moitos, pero a emigración muradana na Arxentina, estivo perfectamente organizada arredor desta sociedade, da que, no ano 1922 era presidente Don José Lamela Penela (irmá do bisabó da casa dos “Alonso”, de Serres), Don Amado Louro, síndico, e Don Manuel Don, vicepresidente, e dos que din as crónicas: “quienes desde sus respectivos puestos han sido los principales propulsores del progreso de tan simpática institución. Caballeros en toda la extensión de la palabra, entusiastas, inteligentes y ardientes galleguistas, esos tres coterráneos son merecedores de la gratitud de todos los muradanos por la patriótica labor que realizan”.
Esta sociedade era unha das moitas sociedades galegas de carácter local que existían na Arxentina, e era unha das que realizaban unha labor máis intensa i eficaz, que non por silenciosa, si, m´is digna de aplauso.
E como non podía ser doutra maneira, agradecidos a nación que os acolleu, a xunta directiva da sociedade, acordou dirixirse o Concello de Muros, solicitando designase co nome de Buenos Aires a unha das rúa da súa Vila natal. A petición foi atendida de inmediato, e a Corporación muradana acordou darlle o nome de Buenos Aires a travesía que se coñecía e coñece como “A Porteliña”, fixando as autoridades municipais que fora o día 29 de xuño de 1922, o día elixido para o solemne acto do cambio de nome, e a colocación das placas que foran enviadas pola Sociedade, dende a Arxentina. Coñecido o acordo da corporación municipal mudarana, a xunta directiva da Sociedade “Mutualidad y Cultura Muradana” tivo o xesto magnífico de enviar por xiro telegráfica a cantidade de 560 pesetas para que foran distribuídas, no día do Patrón, entre os pobres acollidos no Hospitalillo de Muros. Igualmente dispuxeron o envío de 250 pesetas á Parroquia de San Juan de Serres, para que foran tamén repartidas ós pobres daquela feligresía, no día da súa festa patronal.
- Manuel Lago Álvarez, Manolo de América
Outros artigos de Manuel Lago Álvarez
- A división territorial de Muros en 1836
- O reloxo de sol da rúa Ancha
- A Banda de Música de Muros.
- O Xuíz e os touros.
- O Tren a Muros
- Curiosidades muradanas: Mariñeiro agredido con un bastón, no ano 1754
- Muros: o motín de 1899
- O beato de Arias de Presno e a Campa Santa
- Muros, 1846: o axustizamento de Ginés Mato
- O brazo perdido e atopado