Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Cáritas-Muros percibe a solidariedade de moitas persoas e institucións

Caritas de Muros
Imaxes do traballo de Cáritas Muros nesta pandemia
Cáritas-Muros percibe a solidariedade de moitas persoas e institucións

O párroco de Muros, Daniel Pérez, consiliario de Cáritas Muros, formúlase como nos pode cambiar o que estamos a vivir co coronavirus. “Que sinal deixará en nós esta experiencia dentro dun ano, de cinco ou dez? Cada vez que facemos fronte a unha crise, desde o campo da psicoloxía facémonos estas preguntas. Sabemos que dunha maneira global este tipo de acontecementos cámbiannos a longo prazo e que, como humanidade, obtemos unha aprendizaxe vital”- dinos Daniel Pérez.

E este cambio, segundo as súas palabras debería vir en termos de igualdade: ”Neste caso, hai un só inimigo común, un inimigo microscópico. Todos somos vulnerables sen escepción de raza, relixión, posición social ou xénero; de feito, se algo nos debería deixar esta crise debería ser a desaparición dunha vez por todas das nosas diferenzas para ser unha sociedade máis unida, xusta e comprometida”.

”Quizáis, comecemos a revalorizar o verdadeiramente importante: as persoas, os nosos anciáns, os nosos sanitarios, os traballadores que garanten que teñamos alimentos… Polo momento en Cáritas percíbese a solidariedade de moitas persoas e institucións que achegan o seu gran de area aos que neste momento o necesitan”- destaca Daniel. E é que ao longo destes meses Cáritas-Muros, atendeu as parroquias de Torea, Serres, Muros, Louro, Lariño, Lira, Carnota, Pindo,... atendendo a unhas 30 familias. ”Grazas á solidariedade da xente, empresas e institucións da zona”- engade- “Isto facilítanos o poder axudar a quen chama ás nosas portas nestes tempos que, por outra banda, poderiamos ser calquera de nós”, subliña Daniel.

Para entender un pouco máis polo miúdo o traballo de Cáritas-Muros desde o ininicio da pandemia, falamos coa Traballadora social-voluntaria de Cáritas, María José Lamela e ela dinos que este período tamén supuxo un cambio importante na maneira de traballar da entidade. Este cambio ben determinado polas medidas de seguridade que Cáritas ten que adoptar e tamén porque dentro d@s voluntari@s de Cáritas hai persoas de risco.

”Actividades coma a do roupeiro, mantéñense pechadas desde que se decreta o estado de alarma pero as voluntarias do banco de alimentos en ningún momento cesaron no seu traballo, senón todo o ontrario, o incremento do número de persoas que acudiron a Cáritas provocado poe esta situación escepcional, fixo que desde o banco de alimentos se doblaran esforzos” dinos María José -” En todo momento se mantiveron con ganas de axudar tanto na preparación de frescos coma na xestión das necesidades particulares, e mesmo, inicialmente, no reparto para que @s usuari@s non se expuxeran a posibles contaminacións. Máis tarde a colaboración de Protección Civil e Ges nesta tarefa de reparto cada 20 días, supuxo un pulmón para Cáritas”, destaca a traballadora social.

Outro punto que Cáritas tivo que cambiar foi o protocolo de ACOLLIDA, que mentras sigamos afectados pola crise, non vai ser presencial coma ata o de agora, senón telefónica e telemática. A acollida é o momento no que a entidade recolle a información e documentación das persoas que acuden por 1º vez e verifica os datos. ”Aínda que agora a atención é telefónica non deixa de ser unha atención que presta un ambiente para que @ usuari@ poda falar con toda confianza e confidencialidade”, algo que para María José é de vital importancia.

E tanto María José coma Daniel Pérez e o resto d@s voluntari@s de Cáritas agradecen profundamente” a colaboración de Asustos Sociais do Concello de Muros (xestión de datos e achega económica), de Erosky- Muros (que adaptou a súa colaboración habitual á situación actual con alimentos básicos),a Protección Civil e GES na recollida e reparto de alimentos, ao Clube de Futbol do Muros (que aportou o stock da súa cantina), a Cáritas Porto do Son ( ue donou 200kg de peixe fresco) a Compromiso por Galicia (pola súa achega económica) e a todas as persoas que seguen respondendo con donativos ou alimentos á campaña lanzada por Cáritas Muros, e mesmo antes dela, para poder facer frente á nova situación.

  • Monste París Lestón.
 

Novas relacionadas

Comentarios