Sábado. 16.01.2021
El tiempo

As Carrilanas de Esteiro, camiño da Festa de Interese Turístico Nacional

A chegada das Carrilanas en 2019. Foto-Xose Sendón
A chegada das Carrilanas en 2019. Foto-Xose Sendón
As Carrilanas de Esteiro, camiño da Festa de Interese Turístico Nacional

Gran nova a que recibiu Esteiro para rematar o ano. A Xunta de Galicia vén de informar favorablemente a concesión da categoría de Interese Turístico Nacional para o Gran Premio das Carrilanas de Esteiro. É o primeiro paso para conseguir unha calificación que asegura o futuro desta festa sen parangón, perp como recoñece a ADC Esteirana de Carrilanas “debemos ser cautos e prudentes, tan só estamos na liña de saída”.

Tócalle agora á Secretaría de Estado de Turismo, organismo competente para formalizar esta distinción, tomar a decisión final, e culminar así o traballo incansable desenvolto polo pobo de Esteiro, ademais das achegas realizadas poloConcello de Muros, Turismo de Galicia e Deputación Provincial da Coruña.

Novas relacionadas

comentarios