O Casteliño abre o XX Festival Castelo Rock

Esta tarde de xoves 25 de xullo serve xa para arrincar a nova edición do Festival Castelo Rock. Un edición moi especial, a número 20, que a vila celebra poñendo o acento nas bandas locais.
O Curro da Praza acolle un trío de concertos para toda a familia, con Cé Orquestra Pantasma, o paiado Peter Punk e Brais das Hortas e Uxía Lambona e a Banda Molona. Un fermoso xeito de ir sementando nas crianzas o mundo do R&R.
As xornadas de venres 26 e sábado 27 serán as xornadas potentes. A organización ADC Praia do Castelo, unha entidade sen ánimo de lucro, comeza ás 13:00 na Pescadería coa Duendeneta. Os Concertos arrincan ás 19:00h con acento muradán, da man de Archivo Adxunto, e tamén con acento muradán vivirán unha das citas máis esperadas, os tamén veciños Terbutalina sobre o escenario do Castelo.
Para o sábado, pola mañá hai fútbol para as crianzas, e varias citas musiqueiras para toda a familia, antes de que os Festicultores comecen co pasarrúas máis divertido do país. Agoraphobia romperá o xeo ás 18:45, e os Trapos Sucios farán o seu único concerto en 20 anos contra a media noite. Unha cita para a historia.