Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Castelo Rock, outro festival adiado para 2021

Imaxe do Castelo Rock do ano pasado
Imaxe do Castelo Rock do ano pasado
O Castelo Rock, outro festival adiado para 2021
Apenas unhas horas despois de coñecer a suspensión das Carrinalas de Esteiro, a organización do Festival Castelo Rock tamén anunciaba a triste nova de a cita muradá se pospón a 2021. “A 20 de maio non sabemos cal será o procedemento a seguir á hora da realización do noso ben querido evento, e o tempo para a programación do mesmo fanos imposible a súa realización”.

Cómpre lembrar que doutro festival artellado por unha entidade sen ánimo de lucro como é a ACRD Praia do Castelo, e que son voluntarios os que traballan para que o mesmo saia adiante cada verán.

A asociación aclara para todos os que xa tiñan mercado a entrada (o festival, previsto para o 24-25 de xullo era un dos máis avanzados en canto á presentación dun completo cartel) que serán válidas para 2021, e no caso de non poder asistir e querer solicitar o reembolso das mesmas podedes enviar un email a [email protected].

”Este será un verán atípico pero faremos que na medida do posible a música e a cultura sigan presentes”, explican.

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

Comentarios