As Carrilanas quedan en boxes este verán

Seguen caendo os festivais deste verán. Hai apenas 15 días falabamos con todos eles, e a día de hoxe xa sabemos que non vai haber nin Asalto ao Castelo, nin Carballeira, por exemplo. Tampouco baixarán as carrilanas pola Costa do Maio. A organizadora ADC Esteirana de Carrilanas vén de enviar un comunicado para aprazar o XXXIII Gran Prix de Carrilanas de Esteiro así como o Festival das Carrilanas. A cita queda para o 16, 17 e 18 de xullo de 2021.
A organización entende que “un evento destas caracterísitas conlevan a alta densidade de traballo para unha asociación non profesional e sen ánimo de lucro, polo que resulta invitaba nas condisións actuais”.
Explican que foi unha decisión acordada con todos os axentes que participan, e deixan aberto o plan deste veran pois “levan traballando en posible alternativas sobre programación cultural, de xeito que a medida que as normativas se vaian matizando”, irán informando das actividades que se poidan realizar”.
Ademais aseguran que colaborarán coa hostalería, comercio, asociacións, clubs deportivos.
Novas relacionadas
- Carrilanas 2019: Un Goya para as Carrilanas de Esteiro.
Máis novas festivaleiras
- 15-05-2020: Este verán tampouco haberá Festa da Carballeira de Zas.
- 08-05- 2020: Que pensan facer, a día de hoxe, os festivais da Costa da Morte?.
- 01-05-2020: A 25 edición do Asalto ao Castelo posponse ao 2021.
- 30-04-2020: O San Xoán de Carballo non se poderá celebrar.
- 17-04-2020: O Percebe, a primeira gran festa cancelada para este verán