Os centros de ensino de Baio, Muros e Laracha, os únicos implicados coa X Limpeza Simultánea de Praias

Xa nos avisaban onte de que os colexios da Laracha serán uns dos máis implicado na Limpeza Simultánea de Praias que convoca a ADEGA. Unha Limpeza na que a Costa da Morte foi gran protagonista nos últimos anos, pero que desta volta, na súa 10ª edición, só se salva pola implicación dos centros de ensino.
As limpezas desenvolveranse entre o venres 15 e o sábado 16 de outubro en ducias de areais galegos. Citas que serven para deixalos máis limpos, pero tamén para concienciar da necesidade do coidado do noso medio natural, e denunciar o modelo de consumo baseado no “usar e tirar”.
Dende a entidade ecoloxista lembran que na edición do ano pasado da Limpeza Simultánea de Praias retiráronse do litoral galego preto de 3 toneladas de residuos, principalmente microplásticos, cabichas e pauciños de limpar as orellas, e participaron máis de 600 persoas.
Este ano, participarán os seguintes colectivos costeiros:
Entidade | Concello | Praia |
IES Maximino Romero | (Baio-Zas) | Traba |
IES As Insuas | Muros | Serres |
IES As Insuas | Muros | Tal |
Concello | Muros | Louro |
CEIP Caión | Laracha | Caión |
CEIP Alfredo Brañas | Laracha | Caión |
CEIP Ramón Otero Pedrayo | Laracha | Caión |