Venres. 19.04.2024
El tiempo

Conexión Pingüín encherá de risas o auditorio muradán

Conexión Pingüín -Marcos Orsi e Luis Iglesia
Marcos Orsi e Luis Iglesia en Conexión Pingüín
Conexión Pingüín encherá de risas o auditorio muradán
Continúa a programación cultural do Auditorio do Centro Cultural de Muros e faino este sábado 29 de outubro, ás 21:00 h, coa obra da compañía Culturactiva “Conexión Pingüín”

A obra, interpretada polos coñecidos Luís Iglesia e Marcos Orsi, trata o tema da "incomunicación na era da comunicación" dun xeito moi divertido.

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo [email protected] ou neste formulario.

Comentarios