Conflito de urbanismo en Muros


Continúa aberta a polémica en torno ao Plan Xeral de Ordenación do Litoral de Muros. Un PXOM que separa a moitos veciños, e mentres uns o catalogan de conservacionista, outros protestan a proposta de urbanización de zonas como Serres e Esteiro.
Pois se en novembro o o PXOM de Muros salvaba o penúltimo obstáculo, o pasado 1 de xuño coñecíamos o rexeitamento do TSXG do recurso presentado polo PSOE contras os orzamentos do 2008, o que supuña un paso adiante para a consecución do Plan tras 10 anos de traballos. Con este paso, o urbanismo muradán xa non se rexirá polas normas do 1991.
Pero non todo o mundo está contento con esto, pois para moitos o novo Plan é algo excesivo.
Zonas urbanizables
O Plan preve a creación de 2 novos "solos urbanizales non delimitados”. Un sería na parroquia de Muros (tirando cara a Serra na zona do centro de saúde) e outro na de Esteiro (na Agra de Solleiros). Na zona de Serres tocará unha nova urbanización de 170 novas vivendas preto do polígono industrial; mentres que en Solleiros construirase outra de 110 vivendas. Pero non son as únicas.
En total, segundo nos informan fontes achegadas ao concello, o novo Plan inclúe un total de 1.247 novas vivendas (820 en solo urbano consolidadoe 427 en non consolidado).
Cómpre sinalar que o centro da vila ten un Plan especial de protección do Casco Histórico, polo que o PXOM non ten competencias no casco. Iso si, unha das intencións é recuperar para uso residencial un total de 170 vivendas, incluídas dentro do programa de rehabilitación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (Pepri) da vila muradá.
Novas relacionadas
- 01-06-11: O TXSG rexeita o recurso do PSOE contra os orzamentos do 2008 en Muros.
- 19-11-10: O PXOM de Muros salva o penúltimo obstáculo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- EL Correo Gallego.