Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O TXSG rexeita o recurso do PSOE contra os orzamentos do 2008 en Muros

O TXSG rexeita o recurso do PSOE contra os orzamentos do 2008 en Muros

A Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ditar sentenza favorable ao Concello de Muros no recurso interposto pola portavz do Grupo Socialista Caridad González. Un recurso que se opuña ao acordo da sesión do Pleno do Concello de Muros o 28 de febreiro de 2008 no que se aprobaron os orzamentos xerais do Concello para ese exercicio.

O aínda alcalde en funcións, Domingo Dosil, amosou a súa satisfacción polo veredito. Tamén criticou "a estratexia de xudicialización desenvolvida pola candidata socialista", que segundo Dosil, "perseguiu a paralización total das actividades municipais".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Muros.

Comentarios