Denuncian un trato discriminatorio ca parroquia muradá de Taxes


Hoxe, o grupo de Compromiso por Galicia Muros, vén de solicitar “igualdade nas execucións das obras en Muros”. E o fai polo que entende que se trata un “trato discriminatorio que sufre a veciñanza do lugar de Taxes (Louro)”.
A concelleira María Xosé Alfonso lembra que “a estrada que atravesa o lugar de Taxes leva anos nun estado lamentable e denuncia que, ao igual que se fai noutras estradas do concello como a de Sabila (na mesma parroquia de Louro), e ante a tardanza do seu arranxo definitivo (xa aprobado hai máis dun ano a cargo do POS 2014) , debería estar bacheada hai tempo, algo que a propia concelleira ten solicitado ao goberno municipal en varias ocasións”.
”Mala fe”
E vai máis alá a candidata de CxG, denunciandp que “a alcaldesa Caridad González actúa de mala fé neste sentido”.
Novas relacionadas
- María Xosé Alfonso será a primeira candidata a alcaldía da historia de Compromiso en Muros.
- CxG aposta pola creación dun viveiro comercial na praza de abastos de Muros.
- 19-09-12: Primeira comisión local de Compromiso X Galicia en Muros.
Fonte
- Notsa de prensa de CxG.