Martes. 25.01.2022
El tiempo

Dous días de Festival no IX Castelo Rock de Muros

Dous días de Festival no IX Castelo Rock de Muros
Cartel do IX Festival Castelo Rock 2012

Xa temos perfiladas outras das citas imprescindibles da Axenda Sonora da Costa da Morte. Un ano máis, e a pesar das dificultades, Muros si terá o seu Castelo Rock!. E xa van 9 anos de festival, e parece que vai madurando.

Este 2012, a Asoc. Praia do Castelo tiveron que tirar de enxeño, artellar concertos, torneos, monólogos... para ir acadando cartos dende comezo de ano, porque dende as administracións apenas caeu nada. Todo co obxecto de "seguir potenciando a nosa cultura e situar Muros no panorama musical galego".
E abofé que o conseguen. Aí están os resultados: 2 días tremendos de festa e música na primeira fin de semana de agosto.

Cartel do IX Castelo Rock de Muros

Aí o vedes, dous días de festa, venres 3 e sábado 4 de agosto, con bandas do estado, bandas galegas e bandas da bisbarra. A apertura de portas será ás 21:30h, e todo de balde!
Pero ademais hai que dicir que haberá pasarrúas, mercado ambulante, animación, castelo djs...

O venres 3 de agosto do 2012 teremos no peirao muradán:

  • Trashtucada: Dende Chiclana chega esta banda de "música fresca, orixinal, chea de matices e sensacións, onde todos os estilos caben e todo soa ao mesmo estilo; música sen fronteiras pero con identidade propia". "Trashtucada son a alegría, a desenvoltura, a graza e o salero, son o vento e o mar, a acha e o estaleiro, a chinita no zapato, son douradas de estero son a cana de España, os netos do porrompompero".
  • Ruxe Ruxe: banda clave no panorama rock galego chea de garra, xenreira, caña e moito rockandroll. Como bandeira, a voz de Vituco Neira, o seu cantante e director do programa da Radio Galega Música Plantea Furancho.
  • Medomeda: caña galega mesturando folk e rock.
  • Skarallaos: ska coruñés para poñer festa e baile.

E o sábado 4 de agosto:

  • Dios ke te Crew: a banda que revolucionou o mundo do rap e do hip hop en Galicia volve con máis forza que nunca. Estarán no Nordestazo de Malpica e repertirán na Costa no peirao de Muros.
  • Bodega Bodega: rock gypsi ao máis puro estilo Verbena Sound. Festa con maísculas son os Kusturica da península.
  • Sonotones: Rock madrileño de toda a vida. Dende o 99 dando caña por toda España destacan polo seu son cargado de guitarras potentes e unhas melodías e letras mordaces inspiradas na vida mesma.
  • Sozios a la Fuerza: Este tributo local á Polla Records porá o broche de ouro a este festivalón a vase de festaaa!!.

Vídeo promocional #adianteCasteloRock

E xunto co cartel presentan o vídeo promocional do festival (dentro da campaña #adianteCasteloRock) que conta coa participación de: Ruxe Ruxe, Xota, Javi Maneiro, García MC, Miguel de Lira, Adrián Búa, Ricardo Alonso, Lisardo, Antía e máis xente da vila. Aos que estamos eternamente agradecidos… Ademais de quedarmos marabillados co traballo do equipo que fixo posible a súa gravación: Sergio González, Iria Priegue, Juan Figueiras e María Martínez.

#adianteCasteloRock!!!!


Máis información

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC.

comentarios